• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal

Escola de música de Poio

A túa escola de música na rede!

  • Inicio
  • A ESCOLA
    • Oferta Educativa
    • Onde Estamos
    • Tarifas
  • AGRUPACIÓNS
    • BANDA DE MÚSICA DE POIO
      • Detrás do escenario – solo músicos
  • SECRETARÍA
    • Contacto
    • Aviso legal
      • Política de Privacidade
      • Política de cookies (EU)
      • Descargo de responsabilidade
  • NOVAS
    • BLOG
    • A Escola nos Medios
  • MATRICÚLATE!
  • 🎶 CAMPAMENTO MUSICAL 2025 🏕️

educación musical

Que se sinte cando comezas a tocar un instrumento musical?

23 de enero de 2022 by admin

Varios estudos demostran os efectos positivos que se producen ao comezar a tocar un instrumento musical: permítenos estimular a creatividade, desenvolver a atención e as habilidades cognitivas, e o que non é pouco, fainos perseverantes.

Só tes que coller unha trompeta, un saxofón ou calquera instrumento e comezar a experimentar para conectar co noso lado máis íntimo que moitas veces se perde no día a día.

Como di Stephen Nachmanovitch no seu libro Free Play, todo comeza no xogo, deixándoo fluír, utilizándoo como materia prima para que a través del poidamos abrir o portal da creatividade, da experimentación, ese momento de ledicia onde se atopa a  nosa identidade, e polo tanto descubrirnos a nós mesmos.

Esa conexión que se dá co instrumento é única e pásanos moitas veces como alumnos que comezamos a practicar unha  obra e cando levantamos a vista pasou o tempo e non nos decatamos. Un esquécese de todo o demais, estamos con tódolos sentidos atentos intentando integrar a información que procesamos ao tocar, motriz, sensible, visual e auditiva.

Realizamos movementos de precisión que esixen certo control da nosa motricidade fina, lemos partituras, aprendemos a  percutir os parches ou a soprar os instrumentos de vento para conseguir un son limpo, e pouco a pouco comezamos a recoñecer as notas e os acordes.

E cando comezamos a sentirnos máis cómodos co instrumento, ábrese  outra porta máis que interesante, podemos comezar a tocar e crear tamén cos nosos compañeiros, e aí é onde a arte e a música  en  particular  comezan  a  actuar como unha poderosa ferramenta para a comunicación social. Permítenos comunicarnos doutro xeito, noutra lingua, atopar un lugar común para expresar ideas e emocións que non se expresan a través da linguaxe cotiá e dar continuidade á nosa cultura.

Todos temos potencial artístico-creativo, só temos que desenvolvelo.

Publicado en: BLOG Etiquetado como: educación musical

Copyright © 2025 · Theme Rober on Genesis Framework · WordPress · Acceder

  • Política de cookies (EU)
Xestionar o consentimento da cookies
Usamos cookies para mellorar a nosa web e o noso servicio.
Funcionais Siempre activo
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo subscritor ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requirimento xudicial, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de Internet, ou rexistros adicionais dunha terceira parte, a información almacenada ou recuperada só con este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para o envío de publicidade, ou para rastrexar ao usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de márketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Axustes
{title} {title} {title}