Introducción
A Escola de Música de Poio, intenta achegar a música aos veciños e veciñas de Poio dende un plantexamento eminentemente práctico e lúdico. A Escola como proxecto cultural ten tres grandes obxectivos:
- Ofrecer ao alumnado unha formación artística-musical da máxima calidade.
- Impulsar a actividade social e cultural no Concello de Poio a través da educación musical.
- Crear a Banda de Música de Poio.
Área de Música e Movemento
É o achegamento á música, natural e progresivo, desenvolvéndose na etapa da infancia. A Escola de Música de Poio comenza a traballar cos nenos e nenas entre 4 e 6 anos de forma intuitiva todas aquelas facultades que intervirán máis tarde nas súas aprendizaxes artísticas e musicais.: oído, voz, psicomotricidade, memoria musical, interpretación, etc.
![](https://i0.wp.com/static.wixstatic.com/media/b2c0a7_8d593067c85d4b0faad6491dd58bd224.jpg/v1/fill/w_1295,h_217,al_c,lg_1,q_80/b2c0a7_8d593067c85d4b0faad6491dd58bd224.webp?ssl=1)
Área de Especialización Instrumental
As clases de instrumento da Escola de Música son unha vez por semana e son individuais. Dependendo da matrícula teñen unha duración de 30′ ou 45′. A Oferta Instrumental abrangue 12 especialidades:
1. Frauta Traveseira.
2. Clarinete.
3. Saxofón.
4. Trompeta.
5. Corneta / Fliscorno.
6 . Trompa.
7. Trombón.
8. Bombardino.
9. Tuba.
10. Percusión.
11. Guitarra.
12. Piano.
![](https://i0.wp.com/static.wixstatic.com/media/3944bf092649248c89a9e84400d65072.jpg/v1/fill/w_782,h_131,al_c,q_80/3944bf092649248c89a9e84400d65072.webp?ssl=1)
Área de Linguaxe Musical
Ademáis da formación instrumental, a Escola de Música de Poio proporciona ao alumnado unha “alfabetización” musical completa. Sendo esta indispensable para abordar o estudio dun instrumento. Planificada en 1 ou 2 sesións semanais e cunha duración total de 1,5h á semana.
![Linguaxe musical](https://i0.wp.com/esmumorana.com/wp-content/uploads/Partitura-musical-amarilla-e1612027677198.jpg)
Área de Conxunto Instrumental
O centro oferta coma formación complementaria os seguintes conxuntos instrumentais:
- Coro.
- Combo Orff.
- Combo Folque.
- Combo Moderno.
- Banda de Música.
- Pequebanda.
![](https://i0.wp.com/esmupoio.com/wp-content/uploads/2021/09/Captura-de-pantalla-2021-09-01-a-las-2.08.17.png?resize=1024%2C200&ssl=1)
Acceso Conservatorio
Paralelamente á oferta educativa, a Escola de Música de Poio atendendo ás necesidades e aptitudes demostradas polos alumnos e alumnas poden optar a unha formación regrada cunha programación curricular adaptada á proba de acceso de centros de formación reglada.