Cubre o formulario de inscrición aquí 👉

Campamento Musical 2026 · O Grove
Un ano máis, desde a Escola de Música de Poio organizamos o noso Campamento Musical, unha experiencia educativa e de convivencia pensada para que os/as estudantes desfruten da música nun entorno natural, combinando formación, lecer e convivencia.
Nesta edición 2026 o campamento realízase en colaboración coa Escola Municipal de Música de Moraña e terá lugar os días 27, 28 e 29 de xuño no Camping Os Fieitás (O Grove).
🎶 Que faremos no campamento?
Durante tres días os/as participantes gozarán de:
- Actividades musicais colectivas
- Obradoiros e xogos musicais
- Tempo de lecer e convivencia
- Actividades ao aire libre
- Un ambiente educativo, seguro e sen distraccións dixitais
O obxectivo principal é vivir a música dunha forma diferente, fomentando a autonomía, a amizade e o traballo en grupo.
📅 Datas e lugar
- Datas: 27, 28 e 29 de xuño de 2026
- Lugar: Camping Os Fieitás – O Grove
💰 Prezos (antes do 1 de abril)
- 150 € por estudante (estudantes da Escola de Música)
- 110 € a partir do segundo estudante da mesma familia
- 164 € para participantes externos
A partir do 1 de abril, o prezo increméntase nun 25 %.
📌 Forma de pagamento
O pagamento pode realizarse en dúas cotas:
- 50 % antes do 1 de abril (para garantir praza e prezo reducido)
- 50 % antes do 1 de xuño
🩺 Información importante
- Cada estudante deberá traer a súa tarxeta sanitaria ao campamento (obrigatorio).
- Non está permitido levar dispositivos dixitais (móbiles, tablets, reloxos intelixentes ou similares).
- Para calquera comunicación coas familias, facilitarase o teléfono 636 068 829.
📝 Inscrición
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición completa (formulario + pagamento).
👉 Formulario de inscrición:
Para calquera dúbida, podes contactar connosco a través do correo secretaria@esmupoio.com.
🎵 Agardámoste para vivir tres días de música, convivencia e diversión!







